external image setiembre-septiembre.pngSetembro 2008. O verán esmorecía. E as vacacións tamén. Xa logo volverían os tempos nos que debía enfrontarme a min mesma e á vida que decidira levar o resto da miña vida: pelexar por botar algo de luz na materia gris dunhas hormonas entolecidas.
Ía unha calor abafante fóra. Eu estaba metida na casa, cun refresco na man e pensando como sería caer no mesmo, cando petaron na porta. Dábame preguiza erguerme, pero como insistían, levanteime do sofá e encamiñeime cara á ventá para suicidarme.
Non puiden facelo, había moita altura, e entroume de contado unha vertixe do demo. Notei que non era o día apropiado, deixaríao para máis adiante. Ao final suicideime e palmeina. E xa ves. Morrín.
E daquela comezou todo, a miña verdadeira historia, unha historia ben triste, aínda que entretida, iso si!... quen mo ía dicir a min? Nunca crera na existencia de seres coma o que son agora. Pois si. Non crera nunca que despois da morte houbera isto. Unha fabrica de alegría. Era broma. Aínda conservo o humor que tiña na vida .
Pois como vos contaba despois da morte o que hai son dúas grandes e luxosas portas. Nunha hai un gran cartel que pon "CEO" e é dourada pero intenteina abrir e o único que encontrei foi un santo (ou iso parecía ) tirado nunha cuneta de algodón, porque no ceo non existen as silvas nin os toxos. O tal santo estaba borracho porque, segundo me dixo, onte fora a unha cea e Xesús fixera da auga viño e, logo, como era de esperar, a festa que, empezara moi tranquila, acabou na discoteca "Sibueiro". Segundo dicía había un pinchadiscos moi afamado e que a festa era do gusto dos santos porque os cubalibres estaban a 2 euros. E, claro, como oe pasar a ese prezos non se resiste nin un santo. Iso si, como era de garrafón, ao día seguinte tiñan unha resaca do demo.

Ao deixar a ese santo delirando na cuneta sain a fume de carozo pola porta e entrei na outra que poñía "INFERNO". Que inferno nin que ..., Iso xa non era o antigo inferno, segundo mo contaban meus pais. Estaban todos sentados nunhas hamacas fumando cadanseu porro que, en fin, eu xa case non os vía. Minto. Víaos como cada 10 seg. que era cando estaban chupando e entón non botaban o fume. Iso era como un exército todos a un tempo. Eu xa non quixen ver máis e saín escopeteada de alí pero antes de saír pola porta co colocón petei cun extintor e caín enriba dunhas herbas aromáticas que tiñan o nome de maría. Levanteime rápido pero aínda era peor. Non me tiña de pé. Casualmente había uns xoguetes. Debían ser coches. Puxen os pés enriba deles e patum. Vaia golpe metín contra o buzón que casualmente tiña unha carta de Fenosa e mais un folleto de propaganda de Eroski. Por certo, o aceite estaba de oferta. Xa co medo metido no corpo das dúas portas anteriores metinme nunha última porta toda enferruxada e vella na que parecía que nunca ninguén entrara. Limpeille un cartel que poñia " CLUB ". Seguín limpando é poñía, en castelán, "CLUB DE LOS ....". Iso xa tiña mais lóxica.Si si como volo conto así foi. Cando entrei, topeime con toda clase de monstros: centauros, cíclopes, ect... Aquilo polo día era un paraíso pero ó chegar a noite aínda era mellor. Había tres portas, a do CEO, a do INFERNO e a dos VIVOS. Agora xa entendo por que aquel santo e os que estaban no INFERNO estaban así.
Pola noite vin entrar a Xesús pola porta do CEO, o diaño pola do INFERNO e a CHIQUITO DE LA CALZADA pola dos vivos. Deseguido entraron todos os seus cómplices. Alí o diaño armou unha lea, porque a súa moza,que era camareira, liouse con Xesús na cea do día anterior. Deseguido apareceu CHIQUITO dicindo que Xesús lle debía 50g de María.
Pois xa se ve son unha auténtica porrera ,pero Xesús non se queda nada atrás. Dende os doce era unha drogadicta ;admítoo gústame moito o chocolate , pero o de fumar .